ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 25 de marzo de 2010

UNHA DE MONICREQUES!!!

Como xa adiantamos na entrada anterior, logo da festa chegou o momento da sesión de monicreques a cargo da compañía Tres Globos. A obra titulábase Pedro e o lobo. E a verdade é que, a pesar de que este lobo non era demasiado malo como poderiamos esperar, algún/a que outro/a pasou algún apuro cando, ó rematar a actuación, lle pedimos que saíse a saudarnos...
Por certo, no medio da sesión, caeu unha boa granizada, pero como os pequerrechos estaban moi moi moi atentos, non se deron de conta ata que chegamos a clase e vimos o chan do patio todo branco.
Claro, non houbo nin que dar a opción de ir experimentar con aquelo branco, xa eles soíños decidiron saír para fóra como se lles puxesen un foguete no cu.
NON PERDADES NUNCA ESTAS GANAS POR COÑECER MEUS PÍCAROS!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario