ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 9 de marzo de 2010

O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celebramos no cole o Día da muller traballadora. Para iso, colocamos na entrada unha gran cartolina coa silueta dunha muller formada por moitísmas fotos doutras mulleres pequeniñas. Alí, cada un de nós (e como puido) escribiu o nome da muller máis importante da súa vida. Moitos de nós optamos por escribir "MAMÁ", outros "ABUELA" e algúns puxemos o nome da nosa profe... debe ser polo pouco tempo que queda para que poñamos as notas...
A verdade é que foi unha actividade cargadiña de sentimento.
Biquiños de todos os Gatiños e Gatiñas a todas as mulleres qe cada día loitan por ser felices e sentirse realizadas!!!


1 comentario:

  1. Xa vexo que ás profes que escriben no blog lles fan falta unhas vacacións, ou polo menos que corran as datas para o 8 de maio (San Miguel de Breamo)porque para algunha os meses corren demasiado , non si?. De marzo a maio van 2 meses e hai que esperar...aínda que xa están á volta da esquina as de Semana Santa para recuperar forzas...
    Ánimo e biquiños para tod@as.

    ResponderEliminar