ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 11 de marzo de 2010

A PEQUENA ZAIRA: UNHA GAIVOTIÑA MÁIS

Onte recibimos a visita da irmá de Ainoa, Zaira. Ten apenas un mesiño de vida e por suposto veu con mamá e avoa. Viña moi durmidiña e nós quixemos falar baixiño para non espertala. Pero houbo un intre no que empezou a espertar e Berta (a súa mamá dixonos que xa tiña fame). Que emocionante!. Como comería aquela “cousiña” tan pequecha?. – No tiene dientes!. Dixo Xoán. Así que mamá ensinounos como come Zaira.
Mirade nas fotos o que descubrimos: a mamá trae o alimento dentro dela, que sorte!: quentiño, sen posibilidade de coller micróbios e… riquísimo. Así esta Zaira de guapa. A pequerrecha tiña un pouco de vergonza diante de tanta expectación e o certo e que non comeu moi tranquila pero deulle tempo a dixerir o alimento e ao que ven despois… Houbo que mudala, claro está!.
O que máis nos chamou a atención foi o seu tamaño, todos dicíamos: Que pequeniña é! .
Con Zaira tamén lembramos o que vimos e aprendimos na visita á Domus.
Gracias a Zaira, mami e avoa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario