ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 11 de marzo de 2010

UNHA CARTA PARA MARÍA

A semana pasada recibimos unha postal desde Cartagena. Era da nosa compañeira María e fíxonos moitísima ilusión, tanta que decidimos contestarlle rapidamente. Enviamoslle o que mellor sabemos facer: un debuxo cada un e entre todos elaboramos unha carta. Tamén lle mandamos as fichas que imos facendo “escola a distancia”. Rapidamente metimos todo nun sobre e marchamos á oficina de correos que por sorte está pretiño do cole. A profe preocupada por pagar a carta colleu a carteira e esqueceu a cámara de xeito que non podemos inmortalizar esta visita na que tan ben nos guiou Mónica, a funcionaria de correos.
Aquí vedes a ilusión coa que fixemos os nosos agasallos para María.


No hay comentarios:

Publicar un comentario