ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 29 de abril de 2010

AS GAIVOTAS SEMENTAMOS FABAS

Esta semana na clase das “Gaivotas” fixemos unha sementeira. Cada un sementamos 3 fabas pero antes: observamos as fabas, diferenciamos entre plantar e sementar… e deducimos que a nosa faba é “un grande tesouro de vida” que xurdirá cando se den as condicións necesarias. Cales?: terra húmida (aportación de Celia), luz e aire. Manchamos as máns coa terra para metela nos nosos vasiños transparentes, contamos as fabas, enterrámolas, regamos, puxemos nome á nosa “maceta” e completamos un cadro de seguimento. Ah! Tamén imos comprobar o que pasa coas fabas en algodón humido ou gardadas nunha maceta sen luz. Iremosvos amosando o que ocorre. Mentres, mirade a nosa reportaxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario