ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 29 de abril de 2010

INICIAMOS O MES DO LIBRO NA CLASE DAS GAIVOTAS

A clase das “gaivotas” iniciamos o mes do Libro aproveitando que Brais nos trouxo un libro moi interesante titulado “Filiberto e o xastre de sombras”. O seu título nos dou xogo para traballar o nome de Filiberto e outros que rematan igual. O seu contido servíunos para explorar a aparición das sombras e para rematar decidimos encher a nosa biblio de aula con libros aportados polas “gaivotiñas” que así o desexasen. A proposta de “Compartir os nosos libros” foi aceptada polos nenos e son eles os que a diario explican na casa a actividade e traen a clase libros cos que nos divertimos un bo anaco.
Igualmente damos as gracias a tódalas familias por axudar aos seus “pequenos” na elaboración dos contos da nosa mascota “A gaivota”. Todos foron preciosos e nos serviron para pasar un rato agradable e sobre todo para aprender. Están expostos na biblioteca de aula e cando remate o mes gardarémolos formando o “Gran libro dos contos das Gaivotas”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario