ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 23 de abril de 2010

O DÍA DO LIBRO NA CLASE OS GATIÑOS

Hoxe é 23 de abril, Día do libro. Para esta conmemoración pedimos a vosa colaboración para facer "O gran libro das historias dos Gatiños", que por certo, xa está listo. Nas vindeiras datas este libro viaxará de casa en casa para que podades ver o resultado final. Nestas fotos tedes os pequerrechos amosando ó seu traballo ó resto dos Gatiños.











Para rematar a festa, Güino, o pingüín da nosa biblioteca, tíñanos unha gran sorpresa. Para empezar, esta mañá xa nos estaba esperando na entrada do cole, e non na biblio como sempre. Con el levaba unha caixa (que por suporto abrimos) e alí nos encontramos un sobre par nós. Fomos para clase e limos o papel que contiña: dicía que tiñamos que seguir as pistas que alí estaban escritas e que nos levarían a un tesouro. Así que nos puxemos en marcha con moitas ganas de saber que agochaba tal sorpresa. Finalmente, demos con el (estaba na clase de Isabel): un paquete de lambetadas e un libro: A cebra Camila. Con moitas ganas de ler o libro e de comer as lambetadas por suposto, marchamos á clase e gozamos como nunca con este agasallo do noso amigo. Ó final da mañá, como todos os venres fomos coller un libro da biblio para levar a casa, sen esquecernos de darlle unha boa aperta a Güino pola sorpresa tan bonita que nos tiña preparada.


1 comentario:

  1. Que recuerdos tan bonitos tengo de este practicum I.Espero que para el año poueda volver a compartir garndes momentos emn este cole!
    un besazo muy grande

    ResponderEliminar