ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 23 de abril de 2010

OS GATIÑOS PLANTAN FABAS...

O mércores 21 decidimos plantar fabas para así dar resposta a algunhas das preguntas que foron xurdindo no recanto de investigación da primavera e das plantas. Así que nos puxemos a traballar: metimos un pouquiño de terra nun vaso, logo tres sementes e tapámolas con outro pouquiño de terra. Para rematar regámolas e cubrimos a folla que nos servirá durante estes días como rexistro das nosas observacións.
A verdade é que os Gatiños están moi ilusionados coa idea de que poda saír unha planta. Que vos contaron na casa???


No hay comentarios:

Publicar un comentario