ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




miércoles, 29 de septiembre de 2010

OS ANIVERSARIOS DE AGOSTO E SETEMBRO...

O pasado martes 28 de setembro celebramos os aniversarios dos meses de agosto e setembro nas clases das Gaivotas e dos Gatiños. Os homeaxeados foron: os Gatiños Iker, Álex, Carla e Miguel; e as Gaivotas Brais,Ainoa, Claudia, Aroa, Axel e María (que non puidera celebralo connosco ao final de curso). Este curso como xa sabedes había novidades, xa que os anfitrións tiñan que traer algo da casa. E así foi. Na clase das Gaivotas puideron degustar unha riquísima tarta de chocolate feita por Aroa e a sua nai (coa que acabaron empachados) e os Gatiños saboreamos de novo os famosos "sobaos con nocilla" e un exquisito biscoito feito por Iker e a súa nai. E como sempre houbo coroa, candeas e moita festa!!!
Parabéns pequerrechos e a cumprir moitos máis!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario