ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 2 de octubre de 2010

Cousas antigas e modernas.

Aproveitando a ilusión coa que a gaivotiña Celia nos trouxo a ensinar unha “chave antiga”, e comparandoa coas “chaves modernas”, co “buratiño” onde entraban antes e entran agora, coas “chaves dos coches”… decidimos aportar cada un cousas antigas e modernas. Coñecimos obxectos, falamos, observamos, comparamos e… ata fixemos unha pequena exposición. Grazas ás familias pola vosa colaboración e disfrutade das imaxes que amosan todo tipo de obxectos do máis curioso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario