ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 31 de octubre de 2010

O DÍA DOS CALACÚUUUUUS!!!
O xoves foi o día da máis fermosa exposición que a profe das gaivotas víu sobre o traballo en familia cara a un esforzo común: a talla e decoración dos "calacús" (como chaman Os bolechas nun dos seus libros "......van á festa dos calacús", ás que na nosa comarca coñemos como cabazas). Parabens para vós, familias, polo voso esforzo e dedicación. Pasámolo xenial sobre todo cando nos escoitamos uns aos outros contar como fora o proceso de confección das cabazas.
Aínda que non se obseva moi ben nas foto o venres aproveitamos o escuro do día para "poñermonos en situación da noite do samaín", apagando as luces e desfrutando da candea acesa no calacú de Brais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario