ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 31 de octubre de 2010

REMATAMOS AS CELEBRACIÓNS E COMEZAMOS O MES DE SANTOS.

A FESTA DO MAGOSTO.
O venres rematamos esta semana festeira co tradicional magosto. A choiva non nos deixou celebralo ao aire libre cos nosos compañeiros de primaria pero soubemos disfrutalo xuntos: peixiños, golfiños, gaivotas, gatiños, foquiñas e cabaliños na aula de psicomotricidade. Previamente fixemos o portacastañas que nos axudou a manter limpo o chan pois tiña dous compartimentos: un para as castañas e outro para as pelas. A algúns costábanos un pouco pelar as castañas pero puxemos empeño e conseguíiiiiiiimolo. Estában boísimas!!! e tamén o batido con que nos agasallou Leite Celta. Grazas a eles e aos profes de primaria que nos asaron as castañas. Para rematar fixemos o baile ensaiado estes días e si aprendimos a canción "Era noite de trebón..." (que de letra chegáballe). Ata o vindeiro curso magosto!!!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario