ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 18 de noviembre de 2010

A ANPA RECOMENDA QUE MAÑÁ VENRES NON ASISTAN OS/AS NENOS/AS DE E. INFANTIL AS AULAS.

Como todos sabedes nestes días estamos a ter outra vez problemiñas coas instalacións do noso cole. Netes días, o problema foron as flitracións de auga que encheron o corredor de infantil de caldeiros e papeis de xornais... Estas pingueiras foron indo a máis por mor dos temporais destes últimos días. Tampouco nos podemos esquecer da penosa situación na que se atopa o xa de por si noso pequeno patio.

Nesta mañá, recibimos a visita de membros do concello acompañados de técnicos para quitar as placas do teito, o que trouxo consigo que caera unha parte do teito, o que non provocou danos persoais xa que se tomaron as medidas oportunas.

Dada esta situación na que nos atopamos, non será posible desenvolver a actividade docente nas aulas de infantil, polo que a ANPA recomenda que mañá venres os nenos de Infantil non asistan a clase.

Para finalizar, dicir que esperamos non ter que facer máis anuncios deste tipo e que a vida deste centr, e da súa comunidade educativa, non siga xirando en torno a temas que non nos competen e que entorpecen o noso quefacer cotiá.

Achegámosvos uns artigos que saíron estes días na prensa para que entendades o desenvolvemento dos acontecementos.

16 de novembro:

17 de novembro

No hay comentarios:

Publicar un comentario