ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 18 de noviembre de 2010

PASADO O SAN MARTIÑO...

O martes celebramos o Día do Peón con todos vos, familias, foi un día moi fermoso no que os nenos e nenas disfrutaron desde que chegaron ao cole. Compartimos as nosas peonzas, observámolas e tamén decoramos o noso anaco de puzle de peón para compoñer o peón de infantil. Puidemos coñecer tamén as partes da peonza nun mural que nos fixeron os maiores do cole e ata o profe Suso nos amosou os trompos decorados polos maiores. De seguro que cando sexamos grandes bailaremos o peón de maravilla. Entretanto, grazas papás por ensinarnos!. A profe promete tentar aprender para que o próximo ano tamén vos poida ensinar!.


No hay comentarios:

Publicar un comentario