Esta semana apareceu no cole unha maleta chea de libros. Era de Güino, a mascota da biblio, que nos convidaba a seguir coa nosa afección aos libros. O encargado do día, Axel, cortou o cinta que pechaba a mochila e ensinou aos compis os libros. Despois trasladámolos á nosa biblio de aula. Imos disfrutar moito deles e sobre todo aprenderemos moito. Grazas Güino, a ti e aos teus axudantes (o equipo de biblio).
No hay comentarios:
Publicar un comentario