ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 18 de noviembre de 2010

ASOLAGAMENTO DO PATIO

Este luns amencimos co patio asolagado. Xa en días anteriores mirabamos polos ventanais e… “ata víamos ondas coma no mar”. As profes botaron un cangrexo e un peixe para que se vira como nadaban e ata unha lombriz semellaba afogar na auga.
Nin decir ten que o patio “nivelado está”. O pseudo xardín que nos fixeron desauga ao patio polo muro de formigón e… o patio soporta todo menos aos nenos e nenas que non podemos estirar as pernas e desfogar da dura xornada. Así se proxectan as obras novas! (patios sen sumidoiros nin desaugadoiros, teitos que meten auga coma paxes… e mentres profes, nenos e dirección, a exercitar a paciencia!. Aquí nos vedes a varias clases “disfrutando” do espectáculo.



1 comentario:

  1. Que barbaridade!!!, aínda que ven mirado e debido á cantidade de auga que tedes no patio, sería ben programar unhas clases de natación para pequerrechos que seguro que as aproveitaban ben. Ou botar renacuaxos e ver como fan o ciclo. É cuestión de botarlle imaxinación e resignación...
    Sorte e que se amañen pronto e para sempre as deficiencias. Bicos para tod@s.

    ResponderEliminar