Hoxe Raquel trouxo un libro sobre a vida de Cristobal Colón adaptado a nenos. Estabamos todos moi emocionados e... para o que deu de si o conto: aprendemos que a Terra é redonda (e non plana como pensaban naquela época), que a viaxe fíxose en tres barcos (preguntádelles os nomes que os saben!!!), que ao ver a terra gritaron "¡Tierra a la vista!": era América -aínda que nun principio pensaban que era Asia-, que ademais de millo se descubriron moitos máis produtos como os cocos, as piñas...; e unha morea de cousas máis. Non perdades a oportunidade de falar do tema cos vosos fillos!!! Paga a pena!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario