ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




lunes, 15 de noviembre de 2010

FAMILIA COMPROMETIDA

Este luns a gaivotiña Shara quixo compartir con nós a súa experiencia de “apadriñar”, neste caso “amadriñar”, un neno. Amosounos unhas fotos do seu afillado Svarajit, un neno indú que grazas á xenerosidade da nosa compañeira e da súa familia ten a oportunidade de mellorar o seu vivir cotiá. Pero non nos quixemos quedar só coa observación da súa foto e do seu debuxo, no que por certo nos contaba a importancia que na India teñen as vacas, tanto para a alimentación como para a axuda no traballo, para abonar os seus terreos e incluso tamén para cociñar (co gas que producen os seus excrementos). Invitamos á mamá de Shara e ela de xeito super cercano e agarimoso nos fixo caer na conta do AFORTUNADOS que somos por ter todo o que temos cando hai nenos, coma Svarajit, que non posúen nin apenas roupa coa que vestir ou cadernos, pinturas e xoguetes cos que xogar.
Cada mes o corazón de Shara e da súa familia “despréndese do que lle sobra” para axudar “ao que non ten”. Noraboa polo voso exemplo e xenerosidade!. Oxalá todos aprendamos de vós a ser igual de desprendidos cos demais no noso vivir diario. GRAZAS.



No hay comentarios:

Publicar un comentario