ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




lunes, 15 de noviembre de 2010

POLO SAN MARTIÑO...

O pasado xoves día 11 foi o día de San Martiño e como manda a tradición: “Polo San Martiño, os peóns ao camiño”. Ao camiño non poidemos levar os nosos peóns pois as previsións do tempo non nos aconsellaron celebralo no patio neste día. (Xa sabedes que o pospuxemos para o vindeiro martes, esperamos ter sorte co día). Nembargantes algunhas familias na clase das gaivotas non esqueceron este día e Mara, Xoán, Nuria e Axel viñeron co seu peón, polo que aproveitamos para decorar xuntos a nosa lámina do peón e facer prácticas para o martes. Ese día amosarémosvos a nosa destreza bailando o peón e sobre todo enroscándolle a “capa”. Vede, vede!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario