ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




lunes, 15 de noviembre de 2010

XOVES DE CONTO COS MAIORES DO COLE

Hai un mes comezamos a recibir nas aulas de educación infantil a visita dos maiores do cole. Como xa fixeran o ano pasado e con moito éxito, tódolos xoves o nenos e nenas de 5º e 6º de primaria veñen contarnos, explicarnos e ata dramatizarnos un conto.
Na clase das gaivotas desfrutamos moito deste momento pois empezamos facendo de xornalistas preguntando aos mayores como se chaman, cantos anos teñen, en que curso van… e acabamos contándolles cousas nosas claro está.
Aquí nos tedes moi atentos a Sofía pero igual fixemos con Sabela (que ata nos trouxo unha pataca disfrazada –a pataca de Pirracas-, Damián, Luis… Grazas a todos e sabede que sempre seredes benvidos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario