O mércores a gaivotiña Claudia quíxonos amosar a súa tartaruga “Tortu”, un galápago de catro anos, coma nós!, aínda que máis pequerrecha. Disfrutamos moito dela pois deixouse coller e acariñar moi amablemente, que remedio!. Algúns atrevímonos a tocarlle, aquí nos tedes. E despois como recompensa, démoslle o xantar e un descansiño ao sol nun lugar un pouco alonxado das nosas “tentacións”. Grazas Claudia por compartires a túa mascota connosco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario