ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 27 de noviembre de 2010

UN HÓRREO PARA APRENDER3

Desde a clase das gaivotas facemosvos partícipes da última entrega de “Un hórreo para aprender”, relacionado co noso proxecto sobre o millo. Nestas fotos as gaivotas amosamos a lembranza de todo o aprendido: a viaxe que o millo fixo desde América da man de Cristóbal Colón (volvimos a manipular o globo terráqueo), rememoramos a historia de Colón esta vez cun fermoso libro que nos prestou a gatiña Raquel a quen lle damos, miles de grazas!, e con Aroa como encargada repasamos todo o aprendido axudados polas láminas coas que adornamos o noso hórreo.
O certo é que o desexo plasmado no noso primeiro hórreo acadámolo: absorbimos multitude de coñecementos novos que difícilmente esqueceremos. Como dicían hoxe as gaivotas podemos rematar coa despedida de: Adeus, Santa María!!!, Adeus, Santa María!!!. En relación ao encallamento da nao Santa María. Á que engadimos a de Adeus millo!!!.



No hay comentarios:

Publicar un comentario