Hoxe no cole tivemos visita. Membros da agrupación Orballo visitáronnos, e viñeron cargadiños de roupa, roupa típica da nosa terra. Explicáronnos a composición dos traxes, a diferenza entre o de cotío (para o traballo diario) e o de festa... E para ilustrar ben a cousa, vestiron ás profes Ilenia e Vanesa. Logo foi o momento dos peques que puideron probarse a roupa, tocala... Unha boa maneira de achegar o folklore popular galego ás novas xeracións.
Moitas grazas pola vosa visita amigos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario