Onte fomos de excursión á Casa do Mel en Goente para coñecer un pouquiño máis sobre o mundo das abellas. E... a verdade... é que mereceu a pena facer esta viaxe porque a experiencia foi moi enriquecedora e os pequechos pasárono en grande: fixemos candeas, probamos diferentes tipos de mel, vimos abellas nunha colmea e diferenciamos á raíña, observamos as máquinas nas que se extrae o mel dos panais e na que se envasa o mel, algún de nós vestiuse de apicultor/a...
Ármadevos de paciencia que para ver esta morea de fotiños que dan mostra de todo o que fixeron os Gatiños e as Gaivotas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario