Os gatiños e as gaivotas seguimos a nosa investigación sobre o eucalipto e hoxe achegámonos ao peirao da nosa vila. Alí poidemos observar catro grandes exemplares de eucalipto. O arrecendo desta ábore impregnabao todo e como bos investigadores: tocamos as cortezas caídas, recollimos as "taciñas" que gardan as sementes, miramos as follas e as flores e... arrodeamos entre oito nenos o tronco dunha destas maxestuosas árbores (case máis alta que o guindastre que estaba ao seu lado). Vede como o disfrutamos!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario