Esta foi a exclamación de Xoán, unha das gaivotiñas, cando veu as fotos dos nosos amiguiños do Sahara. Están expostas no corredor principal xunto con outras que nos amosan as paisaxes e costumes deste lugar tan lonxano pero agora un pouquiño máis preto de nós. E é que as nenas e nenos somos nenas e nenos alí onde estemos, cambie a nosa cor, as nosas casas, os nosos costumes, os nosos vestidos... Desde esta "haima" achegámonos á realidade deste pobo e aprendemos a valorar o diferente pero no fondo... igual.


No hay comentarios:
Publicar un comentario