ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 17 de marzo de 2012

HISTORIA DO LIBRO

Estes días no corredor principal do noso cole e grazas á aportación do IES "Fernando Esquío" de Neda hai unha exposición interesantísima sobre a "Historia do libro". Amósanos un percorrido desde os primeiros sinais escritos dos nosos antepasados ata a actualidade así como os diferentes soportes utilizados na escrita. Ás gaivotas gustounos moito, sobre todo descubrir o alfabeto Braille: o alfabeto dos cegos. O certo é que nos parece moi complicado poder ler mediante o tacto. Invitámosvos a visitala, é moi interesante!.


No hay comentarios:

Publicar un comentario