ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 2 de marzo de 2012

GATIÑOS E GAIVOTAS DESCUBRINDO MEDIANTE O OLFACTO.

Hoxe a gaivotiña Nuria amosounos unhas cousas extrañas que colleu de paseo por Breamo. As profes decidiron que, co noso olfacto, descubrísemos de que se trataba. Ollos pechados e... a nosa pituitaria empezou a mandarnos mensaxes de que podería ser aquilo: ás gaivotas ulíunos a eucalipto e aos gatiños ulínos a menta. Concluímos que aquilo viña... dunha planta, dunha árbore grande, dunhas ramas con folla que si se cocen fan pasar os mocos... e logo de pensar a propia Nuria chega a opinar que poden ser "sementes", sementes do eucalipto.
O CERTO É QUE NON TEMOS NADA CLARO E QUEREMOS COMEZAR A INVESTIGAR SOBRE QUE SERÁN ESTAS "BOLIÑAS" QUE COÑECEMOS HOXE. AXUDÁDESNOS FAMILIAS?. ESPERAMOS AS VOSAS APORTACIÓNS PARA CHEGAR MOI LONXE NESTA NOVA INVESTIGACIÓN.



No hay comentarios:

Publicar un comentario