Hoxe Sabela quixo amosarnos os progresos da súa irmá Marta desde aquel día, case vai aló un ano, no que veu á clase das gaivotas recén nada. Xa se sostén sentadiña, balbucea, empeza a dicir mamá e papá e... ata quere chamar a Sabela (utilizando vogais por suposto). Fixemos de periodistas e descubrimos que a súa comida tamén variou desde entón. Foi un ratiño moi tenro no que ata cantamos xuntos: "Daba la mocita... ", "Cinco lobitos...". Ollade as fotos e veredes. GRAZAS MARTA POLA TÚA VISITA, CON ELA LEMBRAMOS QUE TAMÉN NÓS FOMOS... ASÍ DE PEQUES!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario