O xoves celebramos os aniversarios de Nuria, María e David. Os últimos deste curso e os últimos das Gaivotas en infantil. Foi moi emotivo, todos estabamos eufóricos e tamén un pouquiño morriñosos. Coma sempre papamos nun intre a riquísima torta, feita por Nuria, acompañada de galletas e barquiños de chocolate que regamos cuns deliciosos zumes. Fixádevos o que durou que á profe non lle deu nin tempo a sacarnos as fotos da degustación.
PARABÉNS PARA ESTAS GAIVOTIÑAS E A SEGUIR MEDRANDO... XA EN PRIMARIA. (Sniff!!, sniff!!, bagoas...).


No hay comentarios:
Publicar un comentario