Hoxe pasamos un día estupendo no parque zoolóxico de Marcelle. A pesares das previsións a choiva deunos unha tregua e non apareceu en toda a xornada. Coñecimos multitude de animais e moi pretiño de nos: a sitatunga, as capibaras, os mapaches, os bisontes, ata tres osos pardo e dous lobos. Tamén nos explicaron as súas características e cousas curiosas como que a llama non chuspe saliva senón un líquido que regurgita desde o seu estómago. Tivemos para nos unha guía propia que nos levou por lugares aos que ninguén pode acceder sen guía. Fomos especiais... neste lugar especial. E... despois de comer: xogos no parque, teatriño de animais e taller de pintura.
Mirade estas fotos e disfrutade connosco desta viaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario