ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 24 de noviembre de 2012

ASÍ É NUMERETE.

Onte quedamos moi intrigados... non sabiamos como sería Numerete e plasmamos como o imaxinamos nun debuxo. Hoxe recibimos unha "foto xigante" do noso amigo descoñecido e... o certo é que as nosas ilustracións non ían desencamiñadas (comparade senón). Nunha carta contounos que por fín aterrara nun dos planetas que lle ensinara o sol. Desde alí tróuxonos uns pelos que lle regalou o único habitante dese planeta pero... con forma de 1 porque... alí había moitas cousas pero somente "unha" de cada: unha árbore, unha flor, un can... Era o planeta do número 1!.


No hay comentarios:

Publicar un comentario