Estabamos coa parva e alguén petou a porta. Viramos o ollos e vimos... un sobre verde!. O encargado foino recoller, abríuno e dentro... moitas letras. Era unha carta que nos trouxo "o carteiro" pero... quen nola mandaba?. Mentres comíamos a profe leunos a carta que era dun tal NUMERETE. Descargáranselle as antenas e tivo que ir cargalas xunta ao sol. O sol invitouno a coñecer novos planetas e Numerete vai empezar a explorar. Como non sabiamos moi ben o que é un planeta fómoslle preguntar aos nosos compis as Xirafas que están estudiando o tema e... como non, dironnos unha gran lección. Grazas compañeir@s.
Vede, mentres esperamos novas de numerete, como o imaxinamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario