ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 7 de abril de 2013

OS XIRASOLES TIVERON UNHA "HIPÓTESE".

Este mércores apareceu unha mesa no corredor de infantil. Os Xirasoles pasamos preto dela camiño da aula de psicomotricidade. Escoitamos, miramos... ata que o xoves na asemblea sentamos, falamos e lanzamos a nosa hipótese:

- Alguén se fixou na caixa que hai na mesa do corredor?. (Mestra).
- Siiii. (Todos).
- Que había na caixa?. (Mestra).
- Comida. (Silvia).
- Gusanos .(Mencía e Mateo).
- Una hoja. (Naia).
- E non había nada máis?. (Mestra).
- No. (Todos).
- Si había vermes... de onde saíron?. (Mestra).
- De una manzana, que está en los árboles. (Mateo).
- Yo pelo una manzana y no veo ninguno. (Adriana).
- Y cómo subieron a la mesa desde la manzana del árbol?. (Mencía).
- Los llevó Lara, la profe de música. (Naia).
- Si se caen las manzanas y saltamos en ellas se rompen y salen los gusanos. (Santiago).
- Alguén veu como eran os vermes?. (Mestra).
- Eran pequeñitos. (Indhira).
- Rosas. (Mateo).
- Un pájaro llevaba uno rosa en la tele. (Aroa).
- Sabedes como se chama o que estamos a facer?. Quen di... teño una hipótese?. (Mestra).
- Buddy do Dino Tren!!. (Mateo).
- Pois nos temos unha hipótese, (unha idea, parécenos que hai...) sobre o que hai nesa caixa. Que vos parece se imos ver a caixa?. (Mestra).
- Ben!!. (Todos).
Chegamos á mesa e...
- No están!!. (Adrián).
Había un cartón no que ninguén se fixara o día anterior.
- Algunha profe levou a caixa para observala na clase, non vos preocupedes. Imos ver o que é esto. (Logo de descubrir unha lupa e falar da súa utilidade decidimos botar unha ollada).
- Son gusanitos porque tienen colita, los negros son gusanitos y... manzanitas también. (Adrián).
- Manzanitas, piedras y gusanitos. (Mateo).
- Gusanos pequeñitos. (Aarón).
- También veo rocas. (Nico).
- Veo bolitas. (Santiago).
- Es donde viven los gusanos, es un mapa. (Mencía).
- Gusanos negros, uno está quieto y los demás se mueven, levantan la cabeza. (Naia).
- Son negros (Daniela)...
- Xa vemos os vermes pois... que serán esas boliñas das que dixo Mencía que parecían a súa casiña... son mazás... redondiñas, pequeniñas e grises ou brancas...?. (Mestra).
- Son huevos. (Santiago).
- Santi di que son ovos, que vos parece?. Imos mirar no panel. (Mestra).
- Si, son ovos. (Todos).
- Pois as que pensabamos que eran mazás... eran ovos. Os nosos vermes saen destes ovos e a este tipo de vermes, mellor dito "larvas" (como nos pon no panel) porque aínda son moi pequeniños, non lles gustan as mazás como a outros que sí comen delas. (Mestra).
Pedímoslles ás Bolboretas que nos prestaran a caixa co resto das larvas e poidemos ver que as larvas dos VERMES DA SEDA, comían follas, follas de MOREIRA (non calquera folla) e tamén... facían cacas!! (uns puntiños diminutos de cor negra).

Chegamos á clase e reflexionamos sobre á nosa hipótese. Non era de todo errónea, somente cambiamos algúns nomes: larvas por vermes, ovos por mazás...  pero poidemos coñecer un novo tipo de verme, o da seda.
Imos seguir moi atentos a estes novos animaliños que nos trouxo a primavera. Acompañádenos e veremos que ocorre!!.
 
- Por certo familias... tedes algunha prenda de seda para que poidamos vela?. Prometemos non estragala. MIL GRAZAS COMA SEMPRE!.
- Ah! Traédenos tamén follas de moreira para que poidamos alimentar aos nosos vermes porque... son moi lambóns!.
- E se algúen de vos quere seguir o proceso de metamorfose na súa casa non dubidedes en pedirnos os ovos, hai mogollón!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario