ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




miércoles, 10 de abril de 2013

XIRASOLES EUMEOLÍMPICOS!!

Hoxe os Xirasoles e as Bolboretas aproveitamos, que os maiores do noso cole e dos demais coles do concello están participando nas Eumeolimpíadas, para velos en acción. Como o pabellón nos queda ao pé animámonos axiña. Poidemos ver un partidiño de balonmán e aplaudir os goles, saudar a amiguiños, primos, e a Sandra, a mamá do xirasol Daniel, que estaba na organización. Rematamos a xornada co Baile do Cabalo e vede, vede que ritmo!.
Foi algo novo e moi divertido pero...  como este ano aínda somos moi pequerrechos observamos a competición desde a propia pista. O vindeiro ano verémola desde as gradas "como os maiores" porque para participar... aínda nos quedan cinco aniños!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario