ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 13 de marzo de 2014

O TEU MERCADO, TAN PRETO!.

Hoxe Bolboretas e Xirasoles, dentro do proxecto alimentación saudable, visitamos o mercado da nosa vila. O certo é que o temos moi pretiño, ao pé do cole. Disfrutamos moitísimo e aprendimos moitas cousas porque tivemos unha guía estupenda: Cristina, nai da nosa compi a Tartaruga Cristina. Grazas a ela poidemos percorrer tódolos postos deste maravilloso mercado e coñecer os excelentes productos que alí nos venden. Compartimos estas fotos para que vexades: rabo, unlla, cachola de porco, coello, zorza, tripas... na carnicería; augacate, mango, tomates, brócoli, alcachofa, espárragos, porro... nas froiterías; rape, parrochas, xardas, chipiróns, calamares, nécoras "atrapa caramelos"... na peixería, mortadela, salchichón, queixo, bacallao, pementón... nas charcuterías e leitugas, grelos, leitugas para plantar... nos postos do exterior do mercado.  Grazas á señora dun dos postos exteriores, que permitíu que o noso encargado de hoxe Aarón, mercase unha leituga de balde.

 






E todo esto ilustrado coas divertidas preguntas que nos preparou Cris. Preguntade, preguntade aos vosos peques por curiosidades como as da camuflaxe do polbo, das barbas dos "jemillones" (mejillones), por onde respiran os peixes, ou o nome dun paxaro que se chama coma unha froita.
 
E a ti Cristina, mil grazas polas tuas explicacións e a tua simpatía. Todos aprendimos moito contigo.
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario