ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 30 de marzo de 2014

BENVIDA PRIMAVERA, OLA POESÍA!

Hai uns días que escomezou a primavera e os Xirasoles xuntámonos cos compis do cole no salón de actos para celebrar o día mundial da poesía. Como tódolos anos homenaxeamos á nosa galega ilustre Rosalía de Castro (se clicades no seu nome veredes o vídeo realizado para a ocasión). Tamén houbo unha lembranza para o ilustrador eumés Jacobo Muñíz, ex-alumno do Couceiro e que ilustrou o libro do tamén eumés Ramiro Fonte titulado "O xardín do pasatempo" (nome da nosa biblio). Jacobo tivo o detalle de enviarnos unha mensaxe a todos desde Córdoba ademáis de tres ilustracións orixinais para decorar a nosa biblio. Grazas Jacobo por rememorar con nós as túas vivencias neste cole e a túa inspiración para ilustrar este libro de poemas.
Foi un acto un pouco longo pero as profes din que merecimos un aplauso ben grande polo caladiños e atentos que estivemos.

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario