ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 30 de marzo de 2014

UN AGASALLO MOI PRIMAVERAL!

Coa chegada da primavera Óscar, o papá do Xirasol Sofía, agasollounos a tódalas aulas de infantil cunha morea de bulbos e macetas, ademáis dun saco de terra. Non esperamos moito para experimentar con eles. Un puxémolo nun recipiente especial no que so temos auga que toca un pouquiño as raíces e o outro plantámolo con terra na maceta. Cada día o encargad@ preocúpase de regalo. Agora seguimos a súa evolución diariamente e agardamos ver unha fermosa flor en pouco tempo. Veremos así se sae un tulipán, unha dalia, un xacinto ou outra flor das que nacen dun bulbo porque... ata agora non sabiamos que hai flores que saen dunha especie de cebola que se chama "bulbo".
Grazas a Sofía e á súa familia!.


No hay comentarios:

Publicar un comentario