ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 31 de octubre de 2015

A FESTA DO SAMAÍN!


Esta semana comezou con un halo de misterio no noso corredor. Apareceron pendurados mouchos, pantasmas e bruxas nas súas basoiras. Convidávannos a preparar o Samaín!. Esta festa de orixe celta que casualmente e coincidindo co cambio de hora nos fai lembrar que xa rematamos de recoller as colleitas: uvas, millo, mazás... e que os días van sendo máis curtiños e polo tanto máis escuros. Nos invita esta data a achegarnos a estas personaxes da noite: morcegos, mouchos, bruxas, pantasmas... que aínda que nos metan un pouquiño de medo tamén nos parecen simpáticos.
Así que comezamos o luns... decorando a nosa propia pantasma!. Pobriña, non tiña boca e principiamos facéndolle unha arrepiante. Logo pegámoslle pegatinas fosforitas na saba para que non dese tanto medo. Decoramos as cabazas do marco e... arrastramos a noite. Aquí tedes o resultado:


Na hora de lectura e convidados polo Equipo de Biblioteca fumos, xunto coa clase dos Patiños, á biblio do cole. Alí nos esperaba Güino cunha capa e un gorro de bruxa e... a profe Lucía para ofrecernos unha sesión de Contos de Medo. O conto titulado "Un pesadelo no meu armario" trataba sobre a amizade que chegaron a acadar un pesadelo e un neno. Estivemos moi atentos e gustounos moito. Mirade senón as nosas cariñas!.



E chegamos ao mércores cargadiños coas nosas obras de arte Cada nen@ con cadansúa cabaza. Explicamos aos compis como decoramos as cabazas e en que poidemos axudar cada un de nós: sacando a polpa con culler, aproveitandoa para facer sopa ou puré, pintando con pinturas... Logo posamos para a foto (ata con algunha cabaza acesa porque viña con candea e todo) e trasladamos as cabazas ao corredor principal. 


GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIAS! e... lembrade que o máis importante destas actividades que vos propoñemos para a casa e que apoian as celebracións do cole, é o gozo do momento vivido c@ vos@ fill@. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario