Aquí estamos de novo familias preparando a vindeira festa do MAGOSTO para o día 11. Como vos comunicamos por escrito precisamos un envase tipo brick (de zume ou leite), limpiño e a poder ser confeccionado deste xeito:
1º- Marcamos a metade do envase por 3 caras (da igual deixar sen marcar a cara ancha que a estreita):
2º- Cortamos pola marca e dobramos pola cara que quedou sen marcar:
3º- Grampamos o envase pola parte dobrada para que colla a forma:
E... xa temos o noso portacastañas!. Un lado para as castañas e o outro para as mondas porque... festa si, pero MANTENDO LIMPO O NOSO COLE!.
Na aula encargarémonos de decoralo.
GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN UNHA VEZ MÁIS!

No hay comentarios:
Publicar un comentario