ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 30 de enero de 2016

ABRACADABRA, QUE A PAZ SE FAGA!


Onte celebramos no cole o Día da Paz. Previamente na clase falamos sobre... que é eso da Paz?.
O Panda Lois dixo:
- Son corazones.
E preguntámonos, por que corazones?. Lois respondeu:
- Porque es amor, cariño.
E como damos amor e cariño?:
- Con abrazos. Dixo Valentina.
- Con besos. Dixo Martín.
- Jugando. Dixo Julia 
Pois xa vedes como chegamos a descubrir que todos os días deben ser de PAZ e cómo, cando pelexamos, pegamos ou non axudamos aos demais non estamos a vivir nin a construir un mundo de paz.
Quixemos celebrar este día decorando uns brazaletes nos que aparece un dos símbolos da paz, a pomba e convertíndonos en mensaxeiros da paz. Despois xuntámonos con todos os compis do cole no patio, escoitamos o manifesto pola paz que leron os nenos e nenas de 6º e disfrutamos da solta de pombas que tódolos anos nos trae a profe Sabela.
Para nós foi o primeiro día de celebración da Paz pero comprometémonos a non esquecer que tódolos días debemos esforzarnos en "facela" ao noso redor.



No hay comentarios:

Publicar un comentario