ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 29 de enero de 2016

CARTA DE NUMERETE!

Esta semana tivemos sorpresa!. Petaron á porta e... Mayra abríu!. Atopou un sobre xigante que... viña dirixido a nós!. Por diante poñía Pandas e como non dábamos atinado quen o podería mandar miramos por detrás do sobre. Remitía ese sobre xigante... NUMERETE!. Atoparía xa algún planeta na súa viaxe polo espacio?. Abrímos o sobre e nel viña unha carta e... unha foto xigante!. Díxonos que aínda andaba na busca de planetas pero quixo amosarnos como era el en realidade. E sabedes que?. Lembrades os debuxos que fixemos del?. Pois fixémolo moi semellante!. A el gustáronlle moito pois a profe mandoulle unha carta con eles. Ata a próxima Numerete!.
Mentres xa te temos connosco e ata che escribimos o nome a pé de foto.










 

No hay comentarios:

Publicar un comentario