ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




miércoles, 13 de enero de 2016

SERÍA UN MONSTRO, UN ESQUELETE, UNHA PANTASMA?

-Que foi ese ruido?.
-Foi un monstro! (berrou Pablo).
-Non que os monstros non existen! (dixo Icía).
-Un esqueleto!. (dixo Roi).
-Non que tampouco existen! (dixo Martín).
-Si, os esqueletos si que existen. O noso corpo ten un esquelete! (explicou Icía).
-Ou unha pantasma! (dixo Marcos).

Onte, na clase dos Pandas, tivemos unha sorpresa un pouco rara. Despois de escoitar uns tumbos na porta apareceu por debaixo dela un sobre verde. O Panda Anxo, que foi o máis atrevido, tirou do sobre facendo un grande esforzo, abríuno e... tiña unha carta!. Nese intre entrou Paco, que viña acompañar a Claudia, e preguntámoslle se el sabía algo daquel sobre ou se vira a alguén polo corredor. Díxonos que non. Daquela a profe comezou a ler a carta. Alguén nos saudaba alegremente e presentábase. Era NUMERETE!. Nós nunca oíramos tal nome e parecíunos gracioso. Contounos que se atopaba un pouco maliño porque as súas antenas facían un ruído estraño e que os seus amigos lle recomendaran ir ver ao Señor Sol. Alá foi na súa nave, recargou as baterías metendo as antenas nos cráteres do sol e este invitouno a observar atento todo o que desde alí se vía. Moitííísimos planetas!. Como a Numerete lle gustaba moito viaxar polo espacio, sabedes o que fixo?. Arrincou a súa nave e... a visitar eses planetas. Claro!. Así chegou onda nós!. 
-Ao planeta terra! (dixo Roi).
A historia de Numerete encantoulle aos vosos peques. Lembrádea con eles e veredes que divertido!. 
Mentres, mirade as suas cariñas e os seus deseños de como imaxinamos a este novo amigo. 




2 comentarios:

  1. Encantame esta actividade, e polo que se ve OS nenos tamen disfrutaron moito con ela

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida Rocío e o máis interesante é descubrir a onde nos vai achegar Numerete dentro duns días. Grazas coma sempre por estar aquí.

    ResponderEliminar