ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




lunes, 23 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016.


O venres celebramos o día grande das Letras Galegas. Logo de empezar a mañá dos días previos escoitando poesía de Manuel María na entrada do cole este día comezámolo coñecendo mellor ao escritor homenaxeado este ano, Manuel María.




Os compis de sexto curso foron os encargados de facelo. O certo é que xa sabiamos del porque para o día da poesía estiveramos practicando a súa poesía "O foguete" e que escenificamos nas aforas do cole.











Estivemos moi atentos e máis aínda ao que veu despois: o oitavo Certame de Poesía "Couceiro Freijomil" convocado por Güino. Aquí Infantil estivo representado pola poesía "Galicia" na que fixemos un percorrido polas maravillas da nosa terra representada nas catro provincias e a na súa capital. Recibimos premio, como non podía ser menos, dun lote de libros para as nosas bibliotecas de aula.






Despois escoitamos as poesías dos finalistas de cada ciclo e aplaudimos aos premiados. Noraboa a tod@s, sodes uns poetas!.















E para rematar o día loubamos o tesouro que é a nosa lingua. Todo o alumnado e profes do cole xuntámonos no xardín principal para soterrar as palabras máis fermosas da nosa lingua. A palabra cunha frase e un debuxo foi soterrada como "un grande tesouro" que debemos coidar pero sobre todo utilizar: o galego, como a nosa lingua que sempre debe perdurar no tempo. A nosa clase eleximos a palabra APERTA. Va que é fermosa!. E máis aínda se a practicamos. Mirádenos nós.







E aquí vos vai a cantiga coa que rematamos o día porque o galego MEU MUNDO É!

No hay comentarios:

Publicar un comentario