ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




lunes, 23 de mayo de 2016

MARCHAMOS COAS NOSAS FABAS!.

Logo de facer a nosa sementeira e ver a evolución das nosas fabas tocounos levalas para a casa. Que contentos estabamos!. O certo é que medraron tanto que o vasiño xa se lles fixo pequeno e agora debemos transplantalas a unha maceta máis grande ou á nosa horta ou xardín. Xa falamos de cómo se facía así que esperamos a axuda da familia para conseguir ver a evolución da nosa planta. 
Aínda lle falta por saír a flor e despois dela o froito. E... abofé que se consegue! porque a profe nos dixo que algún neno á volta do cole en setembro ten traido a ensinar ao cole as novas fabas. Así que... moito ánimo e a ser "verdadeiros agricultores"!. 








2 comentarios:

  1. Despois de as trasplantar nunha maceta mais grande, e regalas todo los días da gusto ver como medran!!!!!
    Una iniciativa estupenda!!!!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar