ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 22 de mayo de 2016

O NOSO PRIMEIRO CONTACONTOS NO COLE!


Hai uns días poidemos disfrutar no cole da compaña de Patri e Álex, contacontos do grupo Kalandraka. Deleitáronnos con dous fermosos contos: "Despois da chuvia" que conta a historia dun pequeno raposo que, logo da treboada, atopouse nunha cova con outros animais pero estes por ser pequeno non lle deixaban facer cousa algunha. El tanto insistíu que chegou a demostrar que, aínda pequeno, podía ter grandes ideas... "lucecús para alumear aquela cova na noite". O outro conto foi "A que sabe a lúa?" que conta a historia de varios amigos que traballando xuntos consiguen "chegar á lúa".
Comezamos cantando para facer silencio, asombrámonos co acordeón de Álex, a carraca e a frauta de émbolo e rimos a gargalladas coa fabulosa expresión de Patri. Foron uns minutos estupendos nos que ata a profe disfrutou tanto coma nós. Mirade as imaxes!.






















2 comentarios: