ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 8 de mayo de 2016

MAIOS!

TRADICIÓN.
Hai uns días que comezamos o MES DAS FLORES e no noso cole quixemos recuperar, como cada ano, unha fermosa tradición da nosa vila: OS MAIOS.
Coma sempre, o día principal, contamos coa inestimable colaboración das nosas familias pero previamente na clase descubrimos en que consiste esta tradición:
comezamos con situarnos no mes que iamos comezar, nas súas características xa dentro da primavera, comprendimos o significado de tradición e en que consiste facer un "maio".
Algún de nós, cando vimos o armazón do maio, lembrou que eses furadiños da rede son para colocar as flores e que esas "raias" son para agarrar. Pero... cantos agarran?. Logo de varias deduccións prácticas chegamos á conclusión de que teñen que ser catro os porteadores. 










ELABORACIÓN.
Grazas ás aportación de todos vós e á vosa axuda, familias, poidemos dar forma ao maio de infantil. Todos colaboramos con grinaldas de laranxas, cornetas e margaridas. A experiencia foi estupenda, mirade estas fotos.



EXPOSICIÓN, DESFILE E CANTIGA.
Logo de aprender ou lembrar o nome das plantas e flores que conformaban o noso maio poidemos comprobar o fermoso que quedou e... como recompensa ao traballo ben feito que menos que unha boa parva, desta vez "de picnic" aproveitando que tiñamos un gran espazo na clase. Ademais como vedes o noso centro foi unha fermosa planta de margarida que nos trouxo Reef. Grazas Reef!.


MAIO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Non esquecimos interpretar a nosa cantiga de maio "O maio aquí ven". Escoitade que ben se nos oe no ensaio previo porque logo... ao ser máis saíu... de maravilla.

2 comentarios:

  1. Parece me maravilloso que se sigan a manter as tradicions,e mais esta dos maiosvque e preciosa.unha magoa que antia non puidese estar presente.
    Noraboa polo traballo!!!!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar