ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 21 de junio de 2016

DESPEDIMOS AOS VERMES DA SEDA E AO NOSO PROXECTO DAS PLANTAS.

Coa primavera comezaramos a descubrir a evolución dos vermes da seda, ata nos morreron porque veu un tempo moi húmido e as follas estaban moi molladas. A familia da nosa compi Aldara cedeunos cinco vermes que coidamos con agarimo e logo de observar como fixeron o casulo, estes últimos días de cole asombrámonos coas bolboretas que sairon de cada un. Tamén poidemos observar o perfume que excretan as bolboretas en busca do "mozo" (a bolboreta macho) e o que contiña o casulo: a casca da crisálida onde o verme evolucionou a bolboreta. Quedamos todos abraiados!. 
E... como xa temos ovos, no vindeiro curso repetiremos a observación do seu ciclo de vida.






Igualmente, rematamos co proxecto das plantas elaborando un lapbook que nos quedou estupendo. Estivemos a traballar nel estes últimos días e gustaríanos seguir lembrando o aprendido coa vosa axuda na casa. Teremos todo o verán para recordar. Grazas tamén pola vosa axuda familias pois coa vosa colaboración fixemos unha parte do mesmo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario