ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 21 de junio de 2016

PARVA... NO XARDÍN!.

O luns tivemos un recreo especial. Fomos tomar a parva ao xardín e despois xogamos no parque. Como agora xa somos máis grandiños percorrimos o camiño desde o cole ata alí moi atentos, a non soltarnos da nosa parella e a permanecer sen saír da beirarrúa. Atravesamos a rúa con coidado e buscamos un bo lugar para repoñer forzas. Finalmente disfrutamos dos xogos, da area e da natureza que nos rodeaba. Pasamos un recreo estupendo acompañados dun sol que nos fixo lembrar que está a pique de chegar o verán e con el... as vacacións!. Ollade o ben que o pasamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario