ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 3 de febrero de 2017

DISFRAZ DE ENTROIDO.

Xa está ao caer o Entroido 2017!. Este ano a temática do cole versa sobre "As Fragas do Eume" como parte do Proxecto Documental Integrado que estamos levando a cabo todo o Centro. Así que o alumnado de infantil imos... de PEIXIÑOS DO RÍO EUME!.
Aquí tedes o modelo guía no que, o importante, é que as escamas sexan de cores similares pois no noso río non hai peixes de cores moi variadas. 
Estas están feitas de fieltro e goma eva aínda que os materiais deixámolos á vosa elección. 
Da decoración da cabeza encargarémonos no cole.


Mil grazas coma sempre pola vosa colaboración!

(Na nota informativa que mandamos hoxe polo alumnado tedes toda a información).

4 comentarios:

  1. DUDA DE PEIXE:
    Entendo que as escamas van só por diante, correcto?
    Gracias!!

    ResponderEliminar
  2. Non Anónimo, as escamas van por diante e por detrás ao igual que a cola. Coma peixes reais.
    De nada!!.

    ResponderEliminar
  3. Boas as escamas teñen que ser de cor azul ou poden ser de cor verde con purpurina

    ResponderEliminar
  4. Non verde non. Azuis, lilas, prateadas ou grises e poden levar purpurina. En distintas tonalidades pero destas cores. Saudiños.

    ResponderEliminar